venres, 31 de marzo de 2023

RESTAURANTE DE ENSALADAS

Un dos mellores momentos de cultivar unha horta é cando chega a colleita. As leitugas que plantamos no outono xa están listas para apañar.


Estas leituguiñas acabaron no prato, a rapazada de 6º deseñou un menú de ensaladas ben saudable. Que ensalada vos apetece?


Coas leitugas colleitadas e o menú listo,  soamente precisaban clientela para o seu restaurante, así que convidaron ás clases de 6º de Infantil, 1ºA e 1ºB a catar as súas ensaladas.

Houbo quen tomou moi en serio o de escoller ensalada. Mira, mira...



Chegou o día da inauguración do restaurante, todo listo para atender á clientela. Agardamos polas vosas RESEÑAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario.