Hoxe sementamos CALÉNDULAS.
Despois de experimentar co xerminado dunha semente de fabón hoxe fixemos sementeiros de caléndula.
Para facelo precisamos: terra, perlita para manter a humidade, botes de iogur, punzón e sementes.
Primeiro preparamos os botes de iogur abrindo uns buratiños na parte de abaixo co punzón.
De seguido enchemos os botes con terra e un pouco de perlita, botamos tres sementes e tapamos con máis terra.
Por último regámolas e pousámolas preto da fiestra para que lles chegue a luz e o calor do Sol.














