martes, 21 de abril de 2026

SEMENTAMOS CALÉNDULAS

 Hoxe sementamos CALÉNDULAS.

Despois de experimentar co xerminado dunha semente de fabón hoxe fixemos sementeiros de caléndula. 


Para facelo precisamos: terra, perlita para manter a humidade, botes de iogur, punzón e sementes.

Primeiro preparamos os botes de iogur abrindo uns buratiños na parte de abaixo co punzón.

De seguido enchemos os botes con terra e un pouco de perlita, botamos tres sementes e tapamos con máis terra.

Por último regámolas e pousámolas preto da fiestra para que lles chegue a luz e o calor do Sol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario.