mércores, 19 de abril de 2023

SABEMOS O QUE COMEMOS?

 A rapazada de 4º da E.S.O. tamén está a traballar arreo desenvolvendo o Plan Proxecta ALIMÉNTATE BEN. Durante este curso están a investigar diversos temas relacionados coa dieta saudable: análise da produción de alimentos na contorna, industria alimentaria e ultraprocesados, cultivos tradicionais, estilos de vida saudables, etc. Esta investigación traduciuse nunha reportaxe que acaba de ser publicada no periódico LA VOZ DE GALICIA. 

Podedes ler a reportaxe completa premendo na imaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario.