mércores, 1 de marzo de 2023

QUENDA DE GALIÑEIRO DA RAPAZADA DE 4 ANOS

As nenas e nenos de infantil foron unha das clases encargadas de coidar as finadas pitiñas durante o mes de febreiro e fixérono moi pero que moi ben.

Un día leváronlles follas de coles altas para merendar, mira, mira...


Con algún dos ovos da semana fixeron experimentos como o da descalcificación da casca somerxendo o ovo en vinagre. Mira, mira ...


E nunha das súas visitas ao galiñeiro aproveitaron para comprobar como medran os cultivos do bancal de infantil. Mira, mira...

5 comentarios:

  1. José Luis 6°A Moi bo traballo dos nenos e nenas de 4 anos coidando as nosas queridísimas pitiñas no mes de febrero.Saúdos e un forte abrazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mestra Fátima. Totalmente dacordo contigo, coidaron as pitiñas moi pero que moi ben. Grazas nenas e nenos de 4 anos!

      Eliminar
    2. Blanca 6ºA Tes razon fixeron un moi bo traballo.

      Eliminar
  2. Iria Oubiña 6A que ben as coidan

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mestra Fátima. Totalmente dacordo contigo Iria, as pitiñas estaban moi ben coidadas pola rapazada de infantil.

      Eliminar

Grazas polo teu comentario.