venres, 8 de marzo de 2024

OBRADOIRO SOBRE A ALIMENTACIÓN

O alumnado de 5º e 6º participou nun obradoiro para aprender a levar unha alimentación saudable. 


De xeito práctico descubriron a cantidade de azucre que se agocha detrás de moitos dos alimentos que adoitan consumir no seu día a día. Despois, na biblioteca, tiveron a oportunidade de mercar productos para alimentarse durante un día e comprobar se a súa cesta contiña alimentos acordes á pirámide alimentaria. 

Seguimos consolidando coñecementos relacionados cunha axeitada alimentación para poder poñelos en práctica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario.