Despois da darlle moitas voltas ás nosas merendas durante este trimestre, saborear froitas e descubrir o azucre engadido que teñen algúns alimentos, hoxe preparamos unha merenda moi saudable: bocadillo de 1º e batido de froita de 2º.
SEMENTANDO FUTURO
Estás na granxa do CPI Julia Becerra Malvar, en Ribadumia. Se queres botar unha ollada ao noso día a día como labregas estás no sitio axeitado. Veña, colle a sacha e ponte a sementar! Cun pouco de sorte algo che caerá no prato.
venres, 27 de marzo de 2026
mércores, 18 de marzo de 2026
AZUCRE ENGADIDO NAS NOSAS MERENDAS
Esta semana, despois de falar do azucre engadido que teñen moitos alimentos das nosas MERENDAS, pesamos a cantidade de azucre de algúns alimentos que coñecemos moi ben. Este foi o resultado:
luns, 16 de marzo de 2026
MERENDAS SAUDABLES CON 1ºA
A pasada semana aprendimos que a froita é unha das merendas máis saudables porque non ten nadiña de azucre engadido.
Na casa fixemos unhas brochetas coas nosas froitas favoritas. Trouxemos dúas, unha pra papar nós e outra pra compartir cun compañeiro ou compañeira da clase. Probamos as dúas e valoramos canto nos gustaran.
Así foi a nosa cata:
xoves, 12 de marzo de 2026
COCIÑANDO CON 1ºB
Así de ben aproveitaron os ovos da súa quenda de galiñeiro as rapazas e rapaces de 1ºB.
venres, 27 de febreiro de 2026
ANALIZAMOS AS NOSAS MERENDAS
Esta semana a rapazada de 1º está a analizar as súas merendas e o azucre engadido que hai nelas. Hoxe para rematar a semana clasificamos todas as nosas merendas. Mira:
venres, 20 de febreiro de 2026
CHEFS DE 4 ANOS
Aproveitado os ovos das nosas galiñas e os productos que a nosa hortiña nos da , fixemos este caldiño...
AS NOSAS GALIÑAS
A rapazada da aula de Infantil de 4 anos queren que coñezas as nosas queridas galiñas.
PREME NA IMAXE !
-
Polo DÍA DE ROSALÍA elaboramos un herbario con algunhas das plantas da nosa contorna que aparecen nos poemas de Rosalía de Castro. Aldara ...
-
A rapazada de 6º arremangouse pra preparar unhas merendas ben terroríficas polo Samaín.
-
A rapazada de 1º acabou o curso cunha receita máis na que empregaron os oviños das nosas pitas: TORTIÑAS.











